Xinzo premiou a capacidade creativa dos nenos

La Voz

OURENSE

cedida

Está previsto que os premios se entreguen nun acto previsto para o día 24 de xuño no salón de plenos do Concello

19 jun 2021 . Actualizado a las 18:11 h.

Os concursos de debuxo promovidos polo Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares contribúen a manter viva a lingua e homenaxear aos escritores. «Unha cuberta para Xela Arias» sumou 44 traballos presentados. «Quen é Toribio?», organizado polo aniversario deste conto de Carlos Casares, contabilizou un total de 33. Trátase neste último caso de debuxos que reflicten, ao seu modo, algunhas das historias que aparecen na célebre serie. O xurado destacou a excelente calidade das obras, que serán expostas na Casa da Cultura.

 O concelleiro de Cultura de Xinzo de Limia, Ramiro Rodríguez, agradeceu a implicación dos centros educativos e sinalou o bo traballo dos participantes: «En todas as categorías hai unha gran calidade, pero son de destacar as de secundaria. O esforzo dos participantes mostrarase na exposición que se está a organizar». A pesares da súa corta idade, afirman dende o Concello, os mozos demostraron a súa paixón polo galego e polos autores da terra, contribuíndo co seu esforzo a manter viva a nosa lingua.  Está previsto que os premios se entreguen nun acto previsto para o día 24 de xuño no salón de plenos do Concello de Xinzo.

No concurso «Unha cuberta para Xela Arias», os premiados foron na categoría 1º e 2º de Primaria: 1º premio: Alba Pérez Otero e 2º,  Naila Fonseca Doval. Na de 3º e 4º de Primaria a gañadora foi Iria Losada González, seguida de Imrane Louiz. En  5º e 6º de Primaria  o primeiro  premio foi para Jannat Errahali, seguido de Xavier Rodríguez González. O traballo gañador da categoria de 1º e 2º de Secundaria foi o de Laura Martínez Méndez e o segundo o de Beatriz Anca Neagu. En 3º e 4º de Secundaria, Iria Ramos Cano e Sara López Saburido. Houbo un accesit para Xiana Carballo Rivero

 Polo que se refire ao concurso Toribio?", os premiados foron, nas diferentes categorías, Naila Fonseca Doval, Valencia Bande, Leo Rodríguez Enríquez, Hugo Pérez Salgado, Iria Fernández Villarino, Paula Rodríguez Menoy e Rodrigo Díaz Enríquez.

 O xurado acordou outorgar, por unanimidade, unha mención particular a Xiana Carballo Rivero pola súa obra, na que demostrou «un esforzo e paixón artística encomiables». Polo tanto, decidiuse tamén que esta mención vaia acompañada de premio.

 O Certame Literario Infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares tamén espertou un gran interese, con case medio centenar de obras presentadas. Establecéronse sete categorías para os participantes: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante. O xurado, composto por membros da Fundación Carlos Casares, escritores limiaos, profesores de Lingua e Literatura e técnicos de Cultura e Educación do Concello, aínda está recibindo as obras e está previsto que os gañadores se coñezan nos próximos días.  Outorgaranse dous premios en cada unha das categorías, consistentes en vales para mercar libros e material escolar nas librarías de Xinzo de Limia. En total, o Concello repartirá case 2.000 euros en premios e todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo.