Arte, poesía, música e moda no Latexos de Riós

La Voz

OURENSE

Cedida

O programa de actividades desenvolverase no edificio multiusos de Riós

12 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • De 11.00 a 21.00 horas • Edificio multiusos de Riós • Nova xornada do proxecto Latexos no Camiño, unha peregrinación artística dirixida por Rubén Riós. Para este sábado está previsto un amplo programa de actos que se desenvolverá no edificio multiusos de Riós. Comezará a xornada ás 11.00 horas e durante todo o día poderá verse neste espazo a exposición de obras de Paulinha D’ Arzoa (pintura) e Ramón Fernández (fotografía). Ás 12 haberá un recital de poesía e performance a cargo de Carmen Rivero Gallego e Paulinha D’ Arzoa. Retomaranse as actividades ás 17.15 horas. Momento no que se poderá disfrutar dunha peza de teatro inédita de Santi Cañaveral. Ás 19.00 horas haberá un concerto dos alumnos do Conservatorio de Música de Verín e ás 20.15 horas un desfile de moda coas propostas de Jorge de Álvarez.