1976: Comeza a cuarta edición da Mostra de Teatro en Ribadavia

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Actuarán os grupos Antroido e Ditea, os dous recén chegados de Santiago de Compostela

22 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

«A agrupación cultural Abrente organiza por cuarto ano consecutivo a Mostra de Teatro Galego que se inaugura esta tarde en Ribadavia. A primeira representación terá lugar nun garaxe sito fronte a igrexa de Santo Domingo. Actuará o grupo Antroido, de Santiago de Compostela, coa obra ‘As falcatrúas do marqués Patacón’, un texto anónimo, adaptación de Euloxio R. Rubial. A obra vaise estrear na mostra, posto que aínda non foi representada. Pola noite, ás once, o teatro de cámara Ditea representará ‘O retábulo do flautista’ de Jordi Teixidor. O grupo é o máis numerosos de tódolos que participan na mostra, con máis de 50 actores, e o que conta con máis esperiencia dos de Galicia. As entradas venderase ao prezo de cinco pesos. Mañá comezan as actividades paralelas, organizadas pola comisión xuvenil de Abrente, coa actuación, ás doce da mañá, na praza da Magdalena, do grupo de bombos, ‘Os terribles de Tomiño’, e o de gaitas, ‘Fiescas de Xiambre’», contaba La Voz nunha crónica de 1976. A iniciativa teatral desembocou na MIT, Mostra Internacional de Teatro, que este ano chega este ano a súa edición número trinta e sete.