«Se un concello ou os propietarios non queren un parque, o parque non se fai»

r. n. p. OURENSE / LA VOZ

OURENSE

CEDIDA

16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Manel Pazo, é orixinario do Carballiño, e preside a Asociación Eólica de Galicia. En pleno bum de proxectos que queren desembarcar na provincia de Ourense, manda un mensaxe de serenidade e pide que non se cre confusión na sociedade, toda vez que moitas desas iniciativas aínda están en fase moi embrionaria. Defende as vantaxes da enerxía verde e a aposta que fai Europa.

-¿Por que esa febre eólica na provincia de Ourense?

-Non so está pasando en Galicia e en Ourense. É algo que está pasando en toda España. Ven motivado, en gran parte, por todos eses fondos covid que provocaron solicitudes de enerxía solar e eólica. A maioría que están presentados na Xunta están en período de consulta. Nin tan sequera está presentado un proxecto de execución ou de impacto ambiental. Simplemente mandan un documento de alcance de que teñen bloqueado un punto de conexión e preguntan si é posible poñer un parque.

-¿Que mensaxe lle mandaría á sociedade preocupada?

-Sempre mandamos a mensaxe de que estes proxectos teñen unha vixilancia ambiental enorme e que ninguén vai facer un proxecto de 20 ou 30 millóns de euros nun sitio onde non teña seguridade xurídica. Ademais, sempre digo que si o concello e os propietarios ou as comunidades de propietarios, non queren o parque eólico, este non se vai a facer. A xente ten que ter tranquilidade porque hai un plan sectorial en Galicia que o di ben claro, que non se van a facer parques fora dese plan salvo que sexan proxectos tractores.

-¿Tras este bum de peticións que vaticina para o futuro?

-Nós temos unha folla de ruta na que plantexamos que en Galicia deberían de construírse 400 ou 500 MW anuais para manter a industria auxiliar. Si aquí se fala de que hai 12.000 presentados, imaxínate. Nos o que temos claro é que non se pasa de cero a mil nun ano, iso o temos moi claro. O que pedimos é un pacto social, tanto de forzas políticas e económicas, para que estas instalacións que son compatibles en toda Europa se desenrolen de forma compatible con outras actividades.