O Barco énchese de actividades para festexar a edición de Xela Arias

M. D. OURENSE

OURENSE

O Lauro Olmo será o escenario da maioría de actividades
O Lauro Olmo será o escenario da maioría de actividades LOLITA VAZQUEZ

O Concello valdeorrés organizou cine, contacontos e espectáculos en galego para o mes de maio

05 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello do Barco de Valdeorras acaba de presentar o programa de actividades pensadas para festexar o mes das Letras Galegas, nesta edición adicado a Xela Arias. A celebración comezará o venres, día 14, coa obra «Estrela do día» de Quico Cadaval, no Teatro Lauro Olmo. O lunes, propio Día das Letras Galegas, haberá na praza de Andrés de Prada un espectáculo que fará un percorrido pola vida da escritora lucense. Avelino González falará de Vicente Risco e da Xeración Nós o mércores 19. Ese venres haberá cita con monicreques no Lauro Olmo. O seguinte, o día 28, Sarabela interpretará «A lingua das bolboretas». Tamén o cine de O Barco se encherá de producións galegas este mes, coma «Longa noite», «Cuñados», «Nación» ou «Olvido y León». Para os máis pequenos chegará ás salas «A galiña turuleca».