Viana do Bolo adica maio ás mulleres e a literatura galega

La Voz OURENSE

OURENSE

 Feminíssimas  está entre os espectáculos que propón Viana do Bolo
Feminíssimas está entre os espectáculos que propón Viana do Bolo BASILIO BELLO

Entre as actividades haberá teatro, contacontos, música e moitas letras

02 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Viana organizou un programa cultural especial de cara a maio co fin de celebrar o mes das Letras Galegas. Nesta ocasión quixeron dar protagonismo ás mulleres e por iso a maioría das actividades están encabezadas por elas. Cada mércores se publicarán nas redes sociais unidades didácticas que afondarán na figura de mulleres recoñecidas de Galicia coma Luz Pozo ou Emilia Pardo Bazán. Dende a biblioteca recomendarán distintos libros de Xela Arias que poderán collerse prestados. Colocarán un mural adicado a todos os galardoados ata agora co premio das Letras Galegas, na Praza Maior. O domingo 16 haberá teatro ás 20.00 horas con «Feminíssimas»; ao día seguinte tocará actuación cantada, «As lavandeiras», á mesma hora. A poesía de Yolanda Castaño chegará o día 20 pola mañá e, pola tarde haberá contacontos para os máis pequenos.