«Todo xurdiu a raíz dunha conmoción»

María Doallo Freire
maría doallo OURENSE

OURENSE

Cedida

O escritor Antón Riveiro Coello presenta na Biblioteca Nós o seu libro «O paraíso dos inocentes»

23 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Biblioteca Nós celebra o Día do Libro cun encontro co escritor Antón Riveiro Coello (Xinzo, 1964), que presentará esta tarde, ás sete, a súa nova publicación, «O paraíso dos inocentes».

-De que trata?

-É unha novela que transcorre no ano 2016, en plena guerra de Siria, e nela se recolle o conflito do terrorismo e tamén fala da perda dos seres queridos. É unha homenaxe a toda esa xente que soñou coa revolución pacífica e un afondamento no dolor dun pai que perde a un fillo nun atentado. Falo da morte, do amor, da liberdade...

-Despois de case trinta libros publicados, como chegou a este argumento?

-Xurdiu a raíz dunha conmoción. No 2016 viaxe a Bruselas a visitar a unha filla que vivía alí e pasei polo aeroporto unhas horas antes de que estoupase nos atentados. Nesa semana que me quedei na cidade estiven dándolle voltas á situación e ao azar, dinme de conta do papel fundamental que xoga nas vidas das persoas. Tamén me impresionou moito o sentimento que quedou na cidade despois dese momento. Pensamos que o terrorismo non nos afecta porque vivimos na periferia pero todos hoxe estamos no foco del.

-Vive e traballa en Boiro. Como se plantexa esta volta a casa?

-Pois con ilusión e moitas ganas. Din que os autores escribimos para nós, pero a verdade é que o facemos para os lectores. Apetéceme o contacto con eles, sempre aprendo da súa experiencia cos meus libros, é moi enriquecedor.