Xinzo propón un exemplar do Toural para o catálogo de árbores senlleiras

La Voz OURENSE

OURENSE

Cedida

Trátase dunha árbore coñecida como catalpa que destaca polo seu tamaño sobresaínte

10 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Xinzo propón un exemplar do parque do Toural para entrar no catálogo de árbores senlleiras de Galicia, un rexistro da Xunta. Coñecido como catalpa, ou árbore das trompeta, ten as follas moi vistosas, de cor verde brillante, mentres que as son brancas con manchas amarelas e violetas. Trátase dun exemplar de tamaño sobresaínte que o Concello propón como parte dun plan para a posta en valor dos espazos verdes.