141 espectáculos queren participar no Festival de Teatro do Carballiño

La Voz OURENSE

OURENSE

Imaxe dunha edición pasada do FETEGA
Imaxe dunha edición pasada do FETEGA Santi M. Amil

Esta edición do Fetega contou cun 40 % máis de participación que no 2020

23 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao Festival de Teatro Galego Celso Parada do Carballiño (Fetega) presentáronse neste 2021 un total de 141 espectáculos, un 40 % máis de participación que na edición pasada, onde se recibiron 104 propostas. Todas as obras presentadas están en galego e están producidas en Galicia. 16 delas son estreas. A categoría adulta contou coa máxima participación, e nela se inscribiron 51 funcións. Seguiuna a de performance, con 26 producións presentadas. A categoría de espectáculos na rúa recibiu 23 propostas; a de teatro para nenos, 21; a de exterior en anfiteatro, 12; e os monólogos cómicos, 8. Entre todos eles seleccionaranse os que formarán parte da programación definitiva, que poderá disfrutarse no Carballiño a segunda semana de setembro.

Entre os proxectos inscritos que recibiu o equipo que organiza o Fetega, hainos de xéneros e temáticas moi variados, como o circo, o teatro clásico, a comedia musical, a improvisación, a maxia, o cabaré ou o teatro contemporáneo, entre moitos outros.