Celia Pereira, nova presidenta da Fundación Vicente Risco

La Voz OURENSE

OURENSE

Celia Pereira Porto
Celia Pereira Porto Miguel Villar

A avogada e ensaísta sustitúe no cargo a Luís Martínez-Risco Daviña

28 feb 2021 . Actualizado a las 12:18 h.

A Fundación Vicente Risco abre unha nova etapa. O padroado da entidade decidiu esta fin de semana renovar a súa directiva e a nova presidenta será Celia Pereira Porto. Doutora en Dereito e ensaísta, é avogada laboralista e estará acompañada na xunta por Antonio Blanco Rodríguez como vicepresidente e Elvira Carregado Pazos como tesoureira. Ambos xa ocupaban eses cargos co ata de agora presidente, Luís Martínez-Risco Daviña. Incorpórase, ademais, Xosé Rodríguez Díaz como secretario.

«É un orgullo herdar este legado que nos transmitiu, con moito traballo e xenerosidade, toda a xente que nos precedeu e que o fixo posíbel e, por todas elas, o presidente que hoxe renunciou a continuar no exercicio do cargo, Luís Martínez-Risco Daviña, sabendo que contaba co apoio de todas nós», dixo Pereira trala súa designación.