O BNG demanda que a Deputación reclame o aumento de maquinistas ferroviarios

La Voz OURENSE

OURENSE

Óscar Cela

Os nacionalistas piden a recuperación das liñas de tren suprimidas

22 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG demanda que a  Deputación de Ourense reclame o aumento de maquinistas ferroviarios e a recuperación das liñas de tren suprimidas. A redución de persoal, xunto a supresión de liñas e recortes de servizos agrava a xa deteriorada calidade e seguranza ferroviaria galega e ourensá, segundo aseguran os nacionalistas. O voceiro nacionalista, Bernardo Varela indica que “Galicia necesitaría incrementar o seu cadro de persoal de maquinistas en cando menos 21 prazas, das cales non menos 12 sería necesario localizar en Ourense.”