Ourense: A Deputación de Ourense promoverá a creación da Casa da Lusofonía
A proposta contempla obxectivos de cooperación, de identidade e de estratexia xeopolítica
Ourense
A Deputación de Ourense e a Associaçao impulsora da Casa da Lusofonía promoverán a creación dunha sede para que esta entidade conte co seu emprazamento en Ourense. Manuel Baltar, pola entidade provincial, e Daniel Lago e Xosé Carlos Morell, polo do colectivo, mantiveron unha reunión telemática na que se puxo sobre a mesa a sinatura dun convenio para acadar un obxectivo que liga os vínculos coa lingua portuguesa. A Casa da Lusofonía ten como referentes outros casos como poden ser a Casa de América en Madrid, a Casa Asia en Barcelona, a Casa África en As Palmas e a Casa Árabe en Córdoba. Para Baltar, «trátase de poñer en valor a Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía». A proposta contempla obxectivos de cooperación, de identidade e de estratexia xeopolítica. Baltar asumiu o compromiso «poñéndose á disposición da Associaçao e daqueles que se acheguen a esta reivindicación para que naza coa forza que merece».
Comentarios