O Oso do entroido de Sande saiu en solitario e sen festa

La Voz OURENSE

OURENSE

Oso del entroido de Sande en Cartelle
Oso del entroido de Sande en Cartelle cedida

Coa intención de manter a tradición pero sen convocatoria social

14 feb 2021 . Actualizado a las 14:20 h.

O Oso do entroido de Sande (Cartelle) saiu este sábado 13 de febreiro polo pobo. A recuperada tradición de cazar o oso e logo de apresalo baterlle ata dominalo coas varas das bonitas non se puido representar este ano. Pero alomenos, a figura saiu, en solitario, sen comitiva nen festa algunha por Sande, para manter simbólicamente a tradición. O sábado de entroido é un día dos días grandes da festa de Sande. Os veciños adoitaban reunirse para dar caza ao oso e logo festexaban xuntos nas adegas da localidade.

Ademais do oso, o entroido de Sande ten como figuras principais as bonitas e o martes de carnaval tamén sae a vaca, que noutras localidades é a morena ou a marela.