Ourense recibiu máis de 123.000 euros para desenvolver 12 proxectos no marco de O Teu Xacobeo

La Voz

OURENSE

cedida

Levaranse adiante proxectos nos concellos do Barco , Monterrei, Vilar de Barrio, O Pereiro , Coles, Cea, Celanova, Riós, Xunqueira de Ambia, Castro Caldelas, A Veiga e Laza

30 ene 2021 . Actualizado a las 13:30 h.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou que o Goberno galego aprobou unha ampla oferta sociocultural e deportiva dentro o programa O Teu Xacobeo para a promoción e a dinamización do Ano Santo que acaba de principiar. «En Ourense desenvolveranse proxectos de promoción do Xacobeo 2021, aos que hai que engadir proxectos itinerantes e outros de formato dixital que abarcan diferentes concellos e provincias», sinalou.

O Teu Xacobeo conta con tres liñas de axudas que atenden á tipoloxía dos beneficiarios. Unha, para concellos, mancomunidades, consorcios locais galegos e deputacións provinciais de Galicia; otra, para persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidas na definición de pequena e mediana empresa. Una terceira estaría  destinada a entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

 «Soamente na primeira liña de axudas, Ourense recibiu máis de 123.000 euros para desenvolver 12 proxectos en concellos da provincia. Este tipo de actividades reflicten moi ben o espírito participativo do programa O Teu Xacobeo, que busca implicar a toda a poboación neste Ano Santo que acaba de arrancar, con actividades que chegarán a todo o territorio», afirmou Alén. Levaranse adiante proxectos nos concellos do Barco de Valdeorras, Monterrei, Vilar de Barrio, Pereiro de Aguiar, Coles, San Cristovo de Cea, Celanova, Riós, Xunqueira de Ambia, Castro Caldelas, A Veiga e Laza, onde se desenvolverá unha ampla oferta sociocultural e deportiva. Segundo o delegado territorial, estas iniciativas amosan que «pese a ser unha época chea de dificultades a Xunta estase a volcar nesta celebración, porque esperamos que sexa un piar para a reactivación do turismo e da economía da nosa provincia e do resto da Comunidade».

Na súa segunda fase, o programa O Teu Xacobeo pretende dinamizar os concellos que forma parte da Vía da Prata-Camiño do Sueste achegando un impulso ao diálogo entre a totalidade dos concellos polos que pasa o Camiño. Deste xeito, apóstase por darlle voz á poboación máis nova para que sexa esta a encargada de recompilar as historias e experiencias que se xeran ao longo do Roteiro Xacobeo.