«Ó de agora non lle vexo precedentes salvo os anos da coñecida como gripe española»
Razoando como funciona a gripe
«Naquela etapa sabías que te tiñas que protexer, polo temor ó descoñecido. Como pasou no inicio desta pandemia», conta Sánchez. O paso do tempo, como entón, fixo que o persoal sanitario tivese máis información de a que se enfrontaba. «Partindo de que as proporcións dunha pandemia e outra non teñen punto de comparación, a diferenza fundamental da gripe A era que afectaba máis á xente nova, ou iso era o que se ía detectando», explica. «Ó de agora», di Loli, «non lle vexo precedentes salvo os anos da coñecida como gripe española». No caso de Ourense, a gripe A deixou casos illados e pouca incidencia, pero obrigou ós sanitarios a modificar a súa estratexia habitual ó vacinar á poboación. Porque como pasa agora co coronavirus, un dos factores relevantes naquela campaña foi evitar aglomeracións. «Coa gripe, nas áreas urbanas vacinábase nos centros de saúde; coa gripe A, pasouse a facelo nas asociacións dos barrios. Movémonos nós lonxe do centro de saúde. E nas zonas rurais, igual que coa estacional, tamén nos achegábamos ás asociacións de veciños», conta.
Sánchez, que agora traballa no centro de saúde de A Ponte, sinala que xa na anterior campaña de vacinación contra a gripe puxeron en marcha un dispositivo para atender á poboación en locales veciñais, evitando que a xente do barrio se achegase ó recinto sanitario.