Rodríguez Villarino: «Ninguén poderá dicir que o PSOE mantén a Jácome»

Miguel Ascón Belver
miguel ascón OURENSE

OURENSE

Rafael Rodríguez Villarino (PSOE)
Rafael Rodríguez Villarino (PSOE) MIGUEL VILLAR

«Que haxa voces discordantes é lexítimo, pero que dean argumentos», di o portavoz dos socialistas no Concello de Ourense sobre as críticas internas

26 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando a cidade encara a fin do ano 2020, e se lle pide un balance da crise política na que estivo e está instalada, o líder do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino (Ourense, 1965) culpa exclusivamente ao PP de que non haxa un cambio político. «Ninguén poderá dicir que o PSOE mantén a Jácome na alcaldía», di o voceiro socialista, que engade: «O alcalde está escondido, esperando que isto escampe e o PP, a que pase o tempo».

-E o PSOE? Estaba realmente disposto a gobernar en coalición co PP como eles reclamaban?

-O PSOE, no 28 de agosto, cando saín a dar a roda de prensa na Praza Maior, dixemos que estabamos dispostos a empezar o diálogo con todas as forzas política pero desde aquela o PP nunca nos chamou e nas poucas ocasións nas que coincidimos para manter una reunión, non houbo finalmente ningunha proposta do PP, salvo as que lanzan nos medios. Falaban dun goberno de coalición e nós non temos ningún reparo en falar con todas as forzas políticas, cando sexa e onde sexa, con focos, sen focos... Danos igual.

-Cre que o veto do PP a vostede é unha escusa porque realmente non queren darlle a alcaldía ao PSOE?

-É posible porque non tivo ningún reparo desde o minuto un en asinar un acordo con Jácome e non podo entender que agora exclúa a outras persoas.

-Vostede asegura que os concelleiros do PP din na intimidade que si aceptarían darlle a alcaldía pero que eles non toman as decisións. Entón, quen as toma?

-Iso é o que me gustaría saber. Entendo que é unha instancia superior porque eles mesmos a título persoal, non mostran ningún tipo de problema. Cando a xente me para pola rúa e pide un cambio político, moitas veces non sabe que para iso é necesario ter unha maioría absoluta que asine a moción de censura. Entenden que é igual que no Congreso, pero non. Se fora así, teríamolo resolto porque sería insostible a posición que están mantendo.

-No PP din que vostede non é de fiar e que hai concelleiros do PSOE que pensan o mesmo. É así?

-É unha vella estratexia, pero entrar a facer debate político da situación doutra forza que descoñeces por completo non axuda para nada a solucionar os problemas de Ourense. É desviar a atención. Eu non sentín que Ourense estivera defendida cando estaba Jesús Vázquez de alcalde, pero iso non axuda nada na situación actual. Se o PP entende que esa é a persoa máis cualificada para tela de interlocutor, quen somos nós para discutilo?

-Sen embargo, si hai xente no PSOE que pon en cuestión o seu liderado, non si?

-Pero esa é a palabra, xente, escritos anónimos, documentos que logo non aparecen... Eu fun elixido por primarias secretario provincial nunha contenda aberta, dura, da que todo o mundo foi testemuña. No caso de Ourense cidade deixei a miña alcaldía porque o partido necesitaba nese momento un revulsivo. Din o paso e entendo que foi positivo porque aumentamos un 50 % da nosa representación e, ademais, por primeira vez non houbo maioría absoluta do PP na Deputación. E nas eleccións xerais fomos a cidade con maior porcentaxe de voto ao PSOE. Que haxa voces discordantes é lexítimo, pero que dean argumentos.

-A continuidade da xestora local é un dos que dan.

-Si, pero a creación da xestora vén dun problema interno do que desde logo eu non son artífice e ten que resolverse no momento en que o permitan as circunstancias sanitarias. Se non podemos reunir máis de 40 persoas no Auditorio de Ourense con garantías sanitarias, como imos reunir a 500? Eu síntome plenamente apoiado polo partido a todos os niveis e que haxa voces discordantes entendo que é natural, pero non é un motivo para dicir que non estamos lexitimados para gobernar esta cidade.

Jesús Vázquez: «Era imposible y Villarino nos estaba engañando»

Si el juzgado no ve delito en los actos de Jácome, el coordinador del grupo municipal del PP dice que estarían «abiertos a cualquier decisión»

Miguel Ascón

Cuando a Jesús Vázquez (Núremberg, Alemania, 1967) se le pregunta por qué Gonzalo Pérez Jácome podrá comerse las uvas como alcalde al no haber acuerdo entre PSOE y PP, el líder popular tira de argumentario. Al hacer balance de la crisis política ourensana en este año 2020, recuerda que en el 2019 se les ofreció a los socialistas un pacto para dejar gobernar a la lista más votada en todas las ciudades gallegas y lo rechazaron. «Si hubiesen atendido a esa petición, hoy no estaríamos en esta situación», explica Vázquez, que no oculta que esperaba la dimisión de Jácome. Sin embargo, «el alcalde optó por encerrarse en su despacho amparado únicamente en dos concejales. Vive en otro mundo y no entiende esta situación». Asegura que el PP sí estaba dispuesto a una coalición con el PSOE para relevar al alcalde, pero cree que los socialistas «nunca lo quisieron». Y añade: «En esta crisis todos somos culpables, todos».

-¿Hace entonces el PP acto de contrición?

-Es lo que estoy diciendo, pero el PSOE también es culpable porque ha hecho durante cuatro años la peor oposición a la ciudad, no a la alcaldía, negando incluso el pacto social que se le ofreció. Tres veces les ofrecimos un pacto de gobierno en el anterior mandato. O sea, el PP quiere buscar coaliciones, pero también el PP tiene su parte de responsabilidad, por supuesto. Todos. Y Ciudadanos también.

-Dadas las circunstancias, los ourensanos tendrán que hacerse a la idea de que Jácome seguirá de alcalde hasta el 2023, ¿no?

-No, no, la solución la hemos dado. Es el PSOE es el que tiene que dar una respuesta porque la ciudadanía ha dicho claramente que lo que le gustaría es un pacto. No están diciendo: «Pónganse ustedes de acuerdo».

-Supongo que su veto al líder del PSOE no lo pone fácil. ¿Qué pasaría si ocurriese al revés y el vetado fuese usted?

-Es que se autovetó él en el momento en que teníamos claro, y a sí se nos venía diciendo de otras instancias del PSOE, que no era posible el pacto con el PP porque rompe su guion con el BNG en Galicia o, a nivel nacional, con Podemos: «¿Cómo en una capital española vamos a pactar con el PP?». Sabíamos que era imposible y Villarino nos estaba engañando.

-Y, si no hay posibilidad de coalición, no sería mejor un gobierno de sus nueve concejales que de los tres actuales?

-Es que no sería un gobierno de nueve. Sería un gobierno de cuatro, contando con Villarino, porque el PSOE tiene una guerra interna abierta. Nosotros en su momento nos apartamos por el bien de la ciudad. ¿Está dispuesto Villarino a apartarse por el bien de la ciudad?

-Pero discrepancias internas hay en todos los partidos. También en el PP. ¿O no?

-No, en este caso, nosotros, los siete, estamos unidos. Después a lo mejor las cuestiones uno las puede ver blancas y el otro, de un blanco roto, como todo, porque no hay dos personas iguales. Pero eso no quiere decir que haya discrepancias internas. En este caso estamos muy unidos.

-¿Quién toma las decisiones en el PP, por ejemplo la de vetar a Villarino?

-Las tomamos como partido y somos un único partido. El PP es el PP, somos uno.

-Jácome insiste en que tiene las puertas abiertas para el PP. ¿Hay realmente posibilidades de reconciliación?

-Entiendo que no, a menos que dé explicaciones y tome un camino distinto, pero cada día demuestra que no. Y recientemente lo ha hecho culpándome de la Plaza de Abastos cuando no es verdad. Yo no soy persona de conflictos y no puedo estar en un grupo donde existen enfrentamientos. En un gobierno tiene que haber lealtad y ese principio Jácome no lo entiende.

-¿Y si el juzgado concluye que no hubo delito en la actuación de Jácome?

-Eso sería algo que habría que ver en su momento. El bien de la ciudad hace que tengamos que estar abiertos a cualquier decisión.

«Ninguén poderá dicir que o PSOE mantén a Jácome»

«Que haxa voces discordantes é lexítimo, pero que dean argumentos», di sobre as críticas internas

miguel ascón