Teatro, patinaxe e iluminación para os máis pequenos en Barbadás

M.R.V. LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Este luns toca tarde de teatro no Manuel María

28 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A pesares das especias circunstancias, o Concello de Barbadás preparou unha programación de Nadal que inclúe unha variedade de actividades durante o mes de decembro e ata o 4 de xaneiro. Varias obras de teatro e proxeccións de cinema infantil xa se puideron ver en días pasados, e aínda quedan propostas para as vindeiras xornadas.

O luns 28 haberá unha obra de teatro no auditorio Manuel María e o martes 29, dous pases de cinema infantil. Na vindeira semana comezará o circuito de patinaxe, en varias quendas ó longo de tres xornadas para dar oportunidade de participar os rapaces e rapazas interesados sen aglomeracións. Neste mes houbo outras opcións deportivas, como «masterclass» de ioga para adultos e outra clase maxistral para nenos.

A comunicación cos Reis Magos e o Papa Noel será a través de videochamada persoal de Whatsapp. O Concello mantivo este ano o concurso de decoración de balcóns e fachadas e preparou un concurso de escaparates.