Quico Cadaval vuelve a tener de colaborador a Shakespeare

La Voz

OURENSE

marcos creo

Producións Teatrais Excéntricas chega ao Principal de Ourense coa súa montaxe «Medida x Medida»

04 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Teatro Principal • De 10 a 15 euros • Non é alleo Shakespeare ao traballo que veñen desenvolvendo dende hai anos os membros da compañía Producións Teatrais Excéntricas. Quedaron especialmente satisfeitos do resultado da montaxe «Shakespeare para ignorantes» e como sinalan na súa web, logo de pasar por Almagro e ver a acollida que tiveron decidiron crear unha obra coa «dirección de Quico Cadaval, que xa colaborara co autor inglés na exitosa ‘Noite dos Reis’ do Centro Dramático Galego».

 

 

«Era un capricho pendente»

Quico Cadaval recoñece que era un desexo pendente. «‘Shakespeare para ignorantes’ foi unha montaxe con anacos das obras del pero, como todos os teatreiros, queríamos ter a nosa propia versión e decidimos montar en espectáculo sobre unha obra súa. Neste caso foi ‘Medida x Medida’ porque era un capricho e un desexo que tiña pendente dende que a lin pola volta dos vinte anos».

A obra estreouse no FIOT de Carballo e o director incide e salienta o excelente reparto co que contan en «Medida x Medida». O mesmo está formado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay, Víctor Mosqueira e Bernando Martínez. Outro dos aspectos que destaca é a música: «Desta volta optamos pola música brasileña para acompañar a Shakespeare».

 

Violencia dentro da comedia

Quico Cadaval incide no feito de que o texto escollido «amosa a violencia dentro da comedia. Están todas as realidades que son tan actuais -poder do home, asedio, indefensión das mulleres...- e con iso Shakespeare fai unha comedia. Tamén contamos, como non podía ser doutro xeito, cos pallasos para aportar a faceta ridícula na súa visión dos ricos e poderosos».