A evolución da paisaxe galega dende «Pelerinaxes»

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O Consello da Cultura propón a viaxe dos homes de Nós para ver a transformación do rural

03 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Consello da Cultura Galega propón unha nova experiencia dende a súa páxina web sobre a evolución da paisaxe galega. Para coñecer a mesma, as mudas pero tamén o que permanece, o Consello decantouse por recrear a viaxe dos homes de Nós a Santo André de Teixido. En 1927 partían da praza do Ferro de Ourense tres camiñantes cara ao santuario á beira do mar. As etapas que foron realizando e as experiencias vividas nas mesmas por Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey apareceron recollidas na obra «Pelerinaxes» (Editorial Nós, 1929). Case que cen anos despois, o Consello da Cultura Galega «recrea esa viaxe para descubrir as transformacións do rural galego grazas ás detalladas descricións de Otero e os debuxos de Vicente Risco». Na web do Consello van estar as diferentes etapas do camiño dos homes de Nós a disposición de quen as precise.