O BNG valora postivamente a unanimidade na Deputación no apoio para a separación da unidade de lactantes e preescolares do CHUO

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

Os nacionalistas tamén ven positivo o apoio ao doutor Castrillo de Verín

30 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo provincial do BNG, na deputación de Ourense, valora positivamente que as dúas mocións presentadas polo BNG en defensa da sanidade pública concitasen o apoio unánime de todos os grupos representados na deputación provincial de Ourense. O grave deterioro asistencial na atención á poboación infantil en Ourense, centrou a atención da primeira moción presentada ao pleno polo  BNG.  «Neste momento non hai unha atención en espazos separados entre a unidade de lactantes e preescolares/escolares  e con persoal suficiente» expuxo Bernado Varela na moción e isto é unha causa sobrevida pola «precarización e o recorte de persoal do CHUO», razón última desta situación, afirmou. Bernardo Varela conqueriu  o apoio unánime do pleno para esixir á  Xunta e ao Sergas que «rectifiquen de forma inmediata a unificación» das ambas unidades e garantir o seu funcionamento separado, en espazos separados e debidamente acondicionados e con persoal suficiente, priorizando o persoal con formación pediátrica. A demanda do voceiro nacionalista tamén incluía a exixencia da reincorporación inmediata  do persoal especializado  aos seus postos de traballo nesta área tan sensible e especializada, e namentres que se establezan canles de diálogo coas mesmas que garantan a operatividade do servizo no futuro e os seus dereitos laborais. O BNG conseguiu, ademáis, que se aprobase a urxencia da moción e posteriormente acadar a unanimidade do pleno en apoio ao doutor Castrillo.