Encontro sobre Xaquín Lorenzo, Velo e Román

La Voz

OURENSE

PILI PROL

A actividade desenvolverase no centro Portas do Xurés de Lobeira

28 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 11.30 horas • Centro Portas do Xurés (Lobeira) • A amizade forxada na súa etapa de estudantes en Ourense foi o punto de partida para a rodaxe de dúas pezas de referencia na historia do cinema galego. Os irmáns Xaquín e Xurxo Lorenzo, Carlos Velo, Pacheco e Antonio Román xogaban a filmar películas na cidade pola súa paixón polo cine. Pasado o tempo a casa de Xocas en Facós (Lobeira) foi o espazo a onde acudiron como convidados Carlos Velo -en 1935- e Antonio Román -en 1940- para gravar imaxes do seu proxecto «Galicia», o primeiro, e para rodar o documental «O carro e o home», o segundo. Hoxe proxectaranse os dous traballos e sobre os mesmos falarán Pepe Coira e Fernando Redondo. Organizan a Fundación Carlos Velo e a Deputación de Ourense.