Albert Serra presentará a súa obra «Liberté» no Padre Feijoo

La Voz

OURENSE

URS FLUEELER

A proxección será na Casa da Cultura de Ourense

22 nov 2020 . Actualizado a las 21:46 h.

Dentro das sesións de filmoteca o Cineclub Padre Feijoo proxecta hoxe «Liberté», de Albert Serra. Será unha sesión única, ás 17.00 horas, e para a presentación da mesma contarase coa presenza do propio director. Ambientada en 1774, uns anos antes da Revolución Francesa, entre Potsdam e Berlín, a película narra a historia de Madame de Dumeval, o Duque de Tese e o Duc de Wand, libertinos expulsados da corte puritana de Luís XVI, que van en busca do lendario duque de Walchen, un sedutor e libre pensador alemán. Están sós nun país onde reina a hipocrisía e as falsas virtudes.