Personaxes singulares para un texto de premio

Francisco Rozados gañou o Nós de Relatos do Concello de Ourense


Aínda que traballador de Correos en Sabadell, Francisco Rozados -Rochi- é un vello coñecido da actividade cultural galega. Foi concelleiro no seu Forcarei natal durante varios mandatos -ata exerceu de tenente de alcalde- e mantivo de sempre unha grande amizade co desaparecido Chano Piñeiro. De feito Rochi fixo a primeira das presentacións do seu libro sobre o director de cine dentro das actividades da última edición do OUFF. E hai uns días converteuse no gañador da primeira edición do Premio Nós de Relatos da cidade. El dálle un valor engadido á decisión do xurado: «Faltábame gañar un premio en Ourense e faime moita ilusión que estea vencellado ao legado de Nós. No 2001 déronme o primeiro, o Camilo José Cela -do Concello de Padrón- e a partir de aí fun conseguindo varios en convocatorias dos resto das provincias. En novela curta ou relato, nunca gañei ningún en poesía ou nas convocatorias de novela longa. Chegarán algún día». O xurado definiu o orixinal A miña vila como «un relato costumista». Rozados tirou de experiencia para o seu texto: «Ten moito que ver coa retranca e con eses típicos sabios de aldea -dos que tanto gustaba Chano-. Son metade reais metade inventados: bohemios, alustrados -e ilustrados-, badulaques, os da intelixencia natural... eses que coñecemos hai anos nas nosas vilas».

 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Personaxes singulares para un texto de premio