Libros para crear unha homenaxe á Xeración Nós

A artista Isabel Pintado mostra o seu proxecto na sede do Museo do Pobo Galego


Ata o 6 de decembro • Museo do Pobo Galego • O Museo do Pobo Galego acolleu a primeira das mostras que se organizou para lembrar á Xeración Nós e agora volve sobre unha xeración e unha publicación das que se están a celebrar o seu centenario cun novo proxecto. Desta volta é a pintora e ilustradora Isabel Pintado a que asina a proposta «Un mar de libros», iniciativa concebida como unha homenaxe á Xeración Nós.

A mostra está patrocinada pola Consellería de Cultura, ao abeiro das actividades programadas polo Xacobeo 21, e conta co apoio institucional «como unha das iniciativas pensadas para conmemorar esta grande efeméride», segundo o conselleiro Román Rodríguez.

Na súa proposta Isabel Pintado pretende salientar «a inmensa riqueza cultural, artística e intelectual que representou a Xeración Nós». Un fato de persoas guiado «sobre todo, por homes como Losada Diéguez, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Castelao que conectaron coas vangardas dos anos 20» e que se converteron nun «motor para cambiar un mundo que non lles gusta e que acaba de saír dunha confrontación mundial». O proxecto de Pintado ten como elemento simbólico o libro e para o comisario da mostra, Antón Castro, a artista integra a iconografía dos mesmos coa paisaxe e inclúe ademais os seus «libro de artista» nun debate entre «natureza e cultura».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Libros para crear unha homenaxe á Xeración Nós