Medio cento de alumnos nas Aulas de Teatro Universitario de Ourense

Este curso se cumpren 30 anos da posta en marcha desta iniciativa cultural e universitaria


Ourense

As Aulas de Teatro Universitario de Ourense están en marcha coa participación de arredor de 50 alumnos nos seus catro grupos: Rosaura, Cordelia, Maricastaña e Geppetto. A formación, que se enmarca na programación de obradoiros do extensión universitaria do campus de Ourense, corre a cargo un ano máis da compañía Sarabela Teatro, sendo Fernando Dacosta o seu director. A organización destaca o feito de que este curso académico se cumpren 30 anos da posta en marcha desta iniciativa cultural e universitaria. As aulas divídense en catro grupo. A aula Rosaura, aberta ás e aos que se inician nas artes escénicas; Cordelia, destinada ás e aos que xa teñen algo de experiencia, e Maricastaña, para as e os máis avanzados. A estes tres niveis engádeselle a Aula de Teatro Infantil Geppetto.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Medio cento de alumnos nas Aulas de Teatro Universitario de Ourense