Catro espazos vencellados ao legado da Xeración Nós

O centenario do primeiro número da revista celebrarase o día 30 de outubro


Cidade da Cultura, Rúa do Paseo, Arqueolóxico e Casa dos poetas (Celanova) O día 30 cúmprense o centenario da saída do primeiro número da revista Nós e son varias as iniciativas vencelladas ao legado da publicación e á Xeración Nós. 

Na Cidade da Cultura de Galicia, en Compostela, abriuse ao público a exposición de referencia sobre o centenario: «De Nós a nós». Estará no Gaiás ata xaneiro e logo visitará varias cidades de Galicia. No Paseo pode verse a mostra «O significado de NÓS», proxecto desenvolvido pola Fundación Vicente Risco. En Celanova, na Casa dos poetas, amosa o artista Xosé Poldras o seu proxecto «Gravados e monotipos para a Xeración Nós». O Arqueolóxico súmase á celebración dedicando a peza do mes á «Vista de Praga», de Risco.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Catro espazos vencellados ao legado da Xeración Nós