Ourense: O PSOE de Ribadavia impulsa a recuperación do entorno da capela de San Xés en Francelos
Os socialistas acadaron o apoio unánime do pleno municipal para incluíla no plan provincial como «obra principal»
La Voz de Galicia
Ourense
O PSOE de Ribadavia leva tempo denunciando a situación de «total abandono», que vive o entorno de patrimonio histórico e arquitectónico da Capela de San Xes, en Francelos. Os socialistas acadaron o apoio unánime do pleno municipal do Concello para recuperar o proxecto da igrexa e a súa contorna, gracias a unha moción na que solicitaban incluír no plan provincial de recuperación de obras e servizos municipais como «obra principal» esta reforma cun investimento de 48.000 euros e dar o traslado pertinente a Deputación de Ourense. O grupo socialista aposta, deste xeito por «blindar o noso patrimonio e mantelo nas mellores condicións de conservación».
También en La Voz
Galicia suma 1.244 nuevos contagios en las últimas 24 horas
La Voz de Galicia
M.V.
Comentarios