El Concello de Xinzo colaborará en la reinserción laboral de personas con discapacidad

La Voz

OURENSE

cedida

Cederá gratuitamente unha aula da Casa da Cultura para a realización de entrevistas

11 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, asinaron un convenio de colaboración polo cal o Concello cederá gratuitamente unha aula da Casa da Cultura para a realización de entrevistas a persoas con discapacidade para facilitar a súa inserción laboral.  Cogami, que ostenta a condición de centro colaborador da Servizo Público de Emprego de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública. Ten como misión conseguir a plena integración das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.   A entidade desenvolve un programa de formación adaptado ás necesidades e capacidades de persoas con discapacidade, organizando cursos e accións formativas que inciden na súa empregabilidade.