«Baltar non xogou papel ningún na moción de censura»

Miguel Ascón Belver
miguel ascón OURENSE

OURENSE

Avelino Pazos (PP)
Avelino Pazos (PP) Santi M. Amil

«Apartamos as siglas a un lado para poder tomar esta decisión»

12 ago 2020 . Actualizado a las 13:08 h.

Trala súa elección, o novo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos tivo que saír escoltado pola Guardia Civil. «A xente de Castrelo non é así. A maioría da xente non era de Castrelo. En Castrelo a xente é bondadosa, apacible e moi boa xente. Entón, non nos podemos sentir identificados con esta xente. Eu quero dar as grazas ás forzas e corpos de seguridade do Estado porque garantiron que se celebrara o pleno. Ao mellor, de non ser por eles, non se podería celebrar».

-O alcalde saínte dixo que vostede so é un «mandadiño» de Baltar. Que papel xogou o presidente provincial do PP nesta moción de censura?

-O presidente provincial non xogou papel ningún. Eu tomei as decisións que tomei por Castrelo, falei coas dúas forzas políticas que había e dialoguei con todos. A decisión quen a toma son dúas persoas ás que lle estou agradecido por dar este paso e eu non son marioneta ningunha. Eu son Avelino Pazos desde que nacín e sigo sendo. E tomo as decisións. Ata apartamos as siglas a un lado para poder tomar esta decisión e traballar por Castrelo.

-Quere dicir que nin sequera o consultou con Baltar?

-Non. Esta decisión tomámola nós. Temos independencia para tomala, non coma outros que igual non poden.

-Saberá, polo menos, se ten o seu respaldo, non?

-Por suposto, si que teño o respaldo. É algo lexítimo, que a democracia permite. Temos unhas ferramentas e uns instrumentos para podelo facer e así o fixemos, como marca a lei. Por iso saíu adiante a pesar de todas as trabas que puxeron.

-Como integrará aos exconcelleiros do PSOE no seu goberno?

-Imos facer un grupo de goberno todos xuntos para traballar por Castrelo. Sen siglas.

-O BNG xa advertiu que vai vixiar posibles prebendas para os tránsfugas. Sería posible que teñan unha dedicación?

-Sentarémonos a falar a partir de mañá e falaremos. Todo é posible. Esteban e a tenente de alcalde estaban cobrando un soldo e iso non indica que os comprara ninguén. E eu apoiei que tiña que cobrar un soldo quen traballaba. Para levarlle de comer á nosa familia temos que ter un soldo. E iso non é comprar nin venderse ninguén.