Carlos Núñez trae a súa música celta a Celanova

LA Voz OURENSE

OURENSE

Carlos Núñez actúa en Celanova
Carlos Núñez actúa en Celanova Agostiño Iglesias

A localidade celebra hoxe o Celanova CHEA

08 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Dende 20 euros • A xira Lugares Máxicos trae de novo ao mosteiro de Celanova ao músico Carlos Núñez. Será un concerto distinto, polas medidas do covid (máscara obrigatoria) pero nunha vila na que o gaiteiro xa ten dado actuacións memorables. O espazo aberto e histórico do claustro barroco invita a gozar da música galega nunha tarde de verán. Non só a música galega forma parte do repertorio de Carlos Núñez como é ben sabido e nesta xira inclúe referencias a Beethoven, quen se aproximou a música celta na súa última etapa vital. Será unha xornada para gozar da sabedoría musical de Carlos Núñez en Celanova, vila que durante este fin de semana se volve moi musical, tamén coas actividades que organiza Celanova CHEA na rúa.