Búscanse cantantes na provincia

Voz Audiovisual gravará novos programas de «Cantas ou non?» en Ribadavia e Celanova os días 13 e 14 de agosto


Ourense

Cada semana o programa «Cantas ou non?» leva o seu escenario móbil a unha vila galega, onde os concursantes seleccionados teñen que demostrar ser uns auténticos profesionais do karaoke para levar o premio do concurso. Agora o programa producido por Voz Audiovisual, tras recorrer distintas zonas de Pontevedra, Vigo, Cangas, Moaña, Marín ou Porriño, entre moitos outros, chega á provincia de Ourense, cunha mensaxe clara para os ourensáns: búscanse cantantes. Deses que cantan na ducha ou no coche; dos que alegran as noites de verán, que animan as festas e emocionan aos seres queridos coa súa voz; pero tamén dos que non teñen vergoña e aos que lles gusta divertir e divertirse. O equipo de «Cantas ou non?» estará gravando os días 13 e 14 en distintos puntos de Ribadavia e Celanova.

O concurso que xa enganchou a miles de galegos, emítese de luns a venres na TVG. En cada programa, seis cantareiras e cantareiros terán que convencer ao xurado e ao público asistente de que a súa interpretación é a mellor. Os dous mellores de cada día enfrontaranse o venres desa mesma semana na gran final. Este proxecto producido por Voz Audiovisual conta con Fran Cañotas e Noelia Rey como presentadores da aventura. O casting para participar está aberto, os interesados poden enviar un vídeo presentándose e cantando a súa canción favorita ao enderezo electrónico ana.fontan@vozaudiovisual.com ou por medio dun WhatsApp ao teléfono 687 208 550.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Búscanse cantantes na provincia