Teatro en Vilo e  Nova Galega de Danza, premios do público da MIT

La Voz OURENSE

OURENSE

O texto «O tsunami», de Marcos Abalde Covelo, Premio Abrente 

27 jul 2020 . Actualizado a las 19:08 h.

«A MIT pecha unha edición histórica, coa ocupación do 100 % dos aforos, unha excelente acollida e a posta en valor da coherencia do seu programa malia os condicionantes e as dificultades engadidas polo protocolo de seguridade e prevención sanitaria derivadas da pandemia da COVID-19» Desta maneira resume a organzación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) a presente edición. Teatro en Vilo, con «Hoy puede ser mi gran noche» e «Leira», de Nova Galega de Danza, obtiveron a puntuación máis alta do público; seguidas de «Rebota rebota y en tu cara explota» e «Doña Rosita anotada».

 Reunido o Xurado do Premio Abrente da MIR, composto por Fina Calleja (actriz), Rosa Puga (actriz), Fernando González (actor) e presidido polo Director da MIT de Ribadavia, Roberto Pascual declararon por unanimidade como gañador o texto titulado «O tsunami», presentado baixo o pseudónimo de «Núñez». Unha vez aberta a plica, resólvese como gañador o autor Marcos Abalde Covelo. A lectura deste texto supuxo «a descoberta dunha voz propia que rescata da memoria un acontecemento real (a construción dun encoro artificial na explotación mineira das Pontes, o lago artificial máis grande de Europa, que se fixo para rexenerar unha antiga explotación de lignito) co que o autor é quen de construír unha reflexión tamén sobre a actualidade, descarnada, crúa, grotesca, sucia e decadente», sinala o xurado.