A Universidade destinará 90.000 euros para o alumnado afectado polo covid

A axuda poderá solicitala calquera estudante matriculado en calquera titulación ou curso

Una de las facultades con las que cuenta el Campus de Ourense
Una de las facultades con las que cuenta el Campus de Ourense

Ourense

O alumnado da Universidade de Vigo afectado polas consecuencias económicas derivadas do covid-19 contará cara o vindeiro curso 2020-2021 cunha nova convocatoria de axudas, que se fará pública no mes de setembro. O obxectivo é paliar as consecuencias da pandemia entre o estudantado que se suma á publicada o pasado mes de maio. Ten unha cuantía total de 90.000 euros e está dirixida a estudantes matriculados durante o curso 20-21 en calquera titulación de grao, mestrado ou doutoramento que oferta a institución académica viguesa. Respecto da convocatoria de axudas do pasado mes de maio, estas novas bolsas introducen algunhas novidades, entre elas o suposto do alumnado que teña que devolver a axuda do Ministerio do curso 19-20 (e que estean matriculados no 20-21) por no cumprir cos requisitos da mesma por causas derivadas da pandemia, como enfermidade súa ou dalgún familiar directo. Tamén, que estas axudas van dirixidas non só a estudantes que no momento da solicitude se atopaban nestas situacións, senón que o puidesen estar desde o estado de alarma, é dicir desde o 14 de marzo.

A falta da resolución definitiva, desde a universidade di que uns 200 estudantes beneficiaríanse das primeiras axudas convocadas o pasado mes de maio, unha convocatoria para a que se recibiron máis solicitudes que non foron aceptadas por falta de documentación ou por incompatiblidade ao serlle concedida a axuda do Ministerio.

Newsletter Educación

Recibe todas las semanas la información más relevante sobre educación

Votación
0 votos
Comentarios

A Universidade destinará 90.000 euros para o alumnado afectado polo covid