Ourense: «Probablemente mis hijos vayan a empezar la diálisis antes que yo»
A asociación Alcer mellorará a estadía nas salas de diálise dos hospitais
OURENSE / la voz
Curar e coidar non son a mesma cousa, tampouco en medicina. No seo dunha sociedade afogada, de crecente tecnoloxización e automatismo, os ritmos e as esixencias económicas crean un vieiro unidireccional cara a despersonalización. «Ata hai uns anos os servizos sanitarios dedicáranse a curar, a atender á enfermidade en si. Esta tendencia a humanizar e coidar, ademais de curar, é moi recente», explica Carmen Dorado. Ela é traballadora social de Alcer, a Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais, en Ourense. O seu proxecto Nefro Humana foi un dos gañadores do concurso de ideas e iniciativas de humanización convocado pola área sanitaria ourensá. Foron 57 os proxectos presentados, todos eles partidarios de demoler dalgunha forma ese muro de pedra entre paciente e sanitario.