Re-Vote


Chegou o gran día, a festa da democracia coincide coa incerteza permanente. Cando se vai de romaría o sentimento de medo debe quedar na casa, pero nestes tempos levaremos na cara a máscara, e con iso, a naturalidade do sorriso cando che devolven o documento de identificación, queda oculto.

Na provincia de Ourense xa temos novos casos de Covid-19, no éxito colectivo de atallalos vai o éxito dos partidos políticos que se presentan ás eleccións. A campaña serviu para mostrar o liderado das candidatas e dos candidatos. A confianza, un triángulo, é a área que forman: as súas capacidades técnicas, as súas capacidades morais e o seu comportamento exemplar. Se algún dos elementos falla non hai superficie para acreditar.

A provincia de Ourense, pola súa pirámide de poboación, ten unha alta probabilidade de aumentar as porcentaxes da abstención; é un desafío organizativo garantir que se pode votar con total seguridade. Inciso, quen ía liderar a Intelixencia Artificial, ben pode liderar o tele-voto, para este caso e para a democracia participativa que está por vir.

A campaña, que tivo que xirar ao redor dos doentes e da calidade dos coidados, tivo as correspondentes promesas adiadas e incumpridas de anos atrás; sempre a voltas coas infraestruturas, e moitas menos co persoal. O luns xa veremos en que quedan.

Vote, ou re-Vote, sexa un sufraxio emocional, visceral, coa cabeza ou sen pés, os medios para garantir unha seguranza sanitaria están postos. A política é a que nos protexe.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Re-Vote