A Xunta convida aos concellos con cascos históricos a sumarse a un proxecto para dotalos de fibra óptica

No caso da provincia de Ourense son seis as zonas monumentais que poden acceder ao proceso


O Consello da Xunta desta semana acordou facer unha consulta aos 28 concellos galegos que concentran os 32 conxuntos históricos de Galicia para sumarse a unha consulta aberta aos operadores para despregar a fibra óptica nestas zonas. A iniciativa adoptouse logo do resultado satisfactorio do proceso promovido en Santiago de Compostela, no que uniron esforzos o Concello, o operador público Retegal e a dirección xeral de Patrimonio. Tras elaborar un «Catálogo de solucións técnicas» presentaron ofertas sete empresas, pechándose finalmente o proceso con R, Telefónica e Orange. Esta última firma solicitou licenza en xuño e investirá 2,4 millóns en dotar de fibra óptica toda a zona do plan especial de Compostela. No caso da provincia de Ourense son seis os cascos históricos aos que se lle fai o convite para participar na consulta: Santa Mariña e Allariz (Allariz), Ribadavia, Pazos de Arenteiro (Boborás), Ourense e Castro Caldelas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta convida aos concellos con cascos históricos a sumarse a un proxecto para dotalos de fibra óptica