O BNG de A Merca denuncia la aplicación de herbicidas xunto ó depósito de agua de A Machica

Enviou sendos escrito ó Seprona e á Conselleria de Sanidade


A concelleira do BNG de A Merca, Teresa Garrido presentó unha denuncia ante SEPRONA pola aplicación de herbicidas, posiblemente glifosato, ao redor do depósito municipal de abastecemento de auga potable das parroquias de A Manchica, Parderrubias e Pereira de Montes. Asemade, cursou un escrito á consellería de Sanidade interesándose polas analíticas e controis remitidos polo concello no que respeita ao consumo de auga potable así coma as indicacións ou correccións feitos pola consellería, de selo caso.

«As veciñas e vecinos de A Merca xa estamos acostumados as restriccións no consumo de auga potable por mor dos trihalometanos debido a incompetencia do grupo de governo do PP en darlle solución a un problema que xa vai para 3 anos, pero o que nunca nos imaxinamos e que a irresponsabilidade chegara ata o punto de aplicar herbicidas a carón do depósito de auga», denuncia. Para o BNG é coma «o tiro de graza» que os responsables do goberno municipal lle dan á ecoloxía, ó medio ambiente, a saúde de tódolas veciñas e vecinos do concello.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
22 votos
Comentarios

O BNG de A Merca denuncia la aplicación de herbicidas xunto ó depósito de agua de A Machica