O Xurés contará con puntos de información virtual en cada unha das súas seis entradas por Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Instalaranse seis sistemas de información dixital nos concellos de Bande, Muíños, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios e Lobeira

05 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar un contrato para a adquisición, instalación e mantemento de puntos de información virtual que se instalarán en cada unha das entradas galegas da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. En canto ás características exteriores destes dispositivos, destaca a cuberta de aceiro resistente a exteriores, unha cuberta de vidro antideslumbrante, un pé de ancoraxe ao chan, cristal especial temperado de 5 mm e antirrefletante, así como protección fronte a cambios meteorolóxicos e actos vandálicos.

 Estes seis dispositivos informáticos localizaranse nas seis entradas a este espazo natural. Así, no Concello de Bande estará localizado xunto ao Centro de Interpretación do campamento Aquis Querquennis; en Muíños situarase xunto a unha parede na entrada do Centro de interpretación “Porta do parque de Muíños e en de Calvos de Randín este dispositivo estará localizado na fachada do concello. En Entrimo, localizarase na entrada da Biblioteca municipal e tanto no concello de Lobios, coma no de Lobeira está xunto á parede de entrada do Centro de interpretación Porta do Parque de Lobios e Porta do Parque de Lobeira, respectivamente.  Trátase dunha actuación que está cofinanciada nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do programa de Cooperación Interreg España- Portugal