Seica hai rural


Xa temos campaña electoral pandémica. Parabéns a todos. E como nos mellores tempos do país: que suba o pan e que baixe a caña!

Será diferente do coñecido ata o de agora; haberá campaña sen moito achegamento, persoas tapadas con máscara -xa sei que dicir que tamén a levaban antes mais que non se lle vía é o seu, mais como que non é tempo- e candidatos a percorrer o país. E mesmo mudaremos a gasosa por auga para seguir mantendo o nome do presidente no sector das bebidas, aínda que pasando das que teñen gas ás que se presentan sen conservantes nin colorantes. Todo sexa por ter marca no mercado.

Nada muda e volvemos aos tópicos: esquecémonos do rural, mais imos facernos as fotos de cada catro anos, que todo cómpre. Iso si, poñede aí na planificación a data para cando aínda non estea a cousa en marcha, que non é do caso perder moito tempo e logo hai que centrarse no que interesa. E xa daquela nos metemos a fondo na cidades.

Non vai ser esta unha campaña calquera. E diso xa se van encargar os que van facer mitins a Sinzo de Limia -Xinzo en versión navegador do coche- e a convencernos de que imos camiño da perdición por culpa dese separatista que dixo que só ía ser presidente oito anos e agora xa parece Putin. Que sería de nós sen estas pequenas cousas? Sen un visionario que nos tire a venda dos ollos para condenar ao racista de Castelao e asuma a tarefa de reconducir a un pobo que vai camiño da súa desgraza, entre nacionalistas de dereitas que aspiran a ser como o PNV mais son uns covardes que non se atreven a dar o paso e separatistas de malas intencións.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Seica hai rural