Autocaravana electoral


Entramos nas semanas máis delicadas da pandemia a nivel mundial; os casos non paran de medrar, e a nosa Latinoamérica, de onde viñan aquelas sacas de votos por correo, está pasando por unhas xornadas moi complicadas. As condicións socio-económicas non axudan a controlar o virus; os ingresos que dependen do diario para xantar non poden quedar na casa sen comer; e como dicía aquel matachín: «Máis cornadas da a fame».

Ser os primeiros en abandonar o estado de alarma non implicou ser os primeiros na análise da xestión das residencias de maiores, nin ser os primeiros en recuperar a actividade nos centros de día en condicións de nova normalidade. Agora en campaña electoral e coa polémica do cheque turístico coñecido como cheque-furancho, os colectivos só piden dignidade e respecto, a piques de entrar nun verán no que se anticipan peches de camas. Coido que é mellor levar o catre con un.

Quen ocupa a alcaldía xa usou a autocaravana como medio de transporte e difusión da propaganda electoral, e visto o resultado foi a mellor inversión feita. Un dos negocios deste verán será o alugueiro de autocaravanas. Negocio, e non empresa. Nesta incerteza, coa demanda exponencial, algún candidato pode prometer a gran fábrica mundial de autocaravanas. No 2012 a provincia tivo a promesa da factoría do coche eléctrico. Quen segue hoxe inhabilitado, coleccionista de autos, acertaba outra máis na súa carreira, era o futuro. Poñendo o desenvolvemento industrial do automóbil en contexto, Tesla acaba de superar a Toyota. O valor da compañía de Palo Alto é de 190.000 millones de dólares, a maior capitalización bursátil deste sector.

A autocaravana electoral vai acompasada co auto-bombo, levan unha ducia de anos gobernado, e nós vendo o devalo da provincia día a día. Todo parece igual pero está peor ao quedar menos folgos. A oposición tampouco estivo tecendo as pontes necesarias para confrontar as ideas dunha maneira coordinada e eficiente. Podemos ter unha idea na cabeza de que somos a opción, pero, as sondaxes levan avisando anos da necesaria coalición de forzas de esquerda.

Só mostrando ao electorado que hai un equipo traballando para gobernar o país con identidade, respecto e dignidade, se pode mobilizar ao votante que queda na casa. As enquisas prognostican abstención aínda se poden reverter cun traballo xeneroso, honesto e firme.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Autocaravana electoral