Noa Presas: "Seremos chave para un cambio político que impulse o medio rural"

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

A candidata do BNG por Ourense aposta por impulsar o potencial do Macizo Central e reverter a destrución de superficie agraria

14 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, mantivo un encontro con gandeiros da localidade de Montederramo para escoitar a situación pola que atravesa o sector. Presas apostou por reverter a situación actual de destrución de superficie agraria útil e reivindicou o papel da organización nacionalista neste ámbito a partir do 12 de xuño para impulsar o potencial do Macizo Central. O BNG reafirmou o seu compromiso co medio rural e amosou unha proxecto político definido e contrastado.

Durante a xuntanza con gandeiros da zona do Macizo Central, a candidata do BNG escoitou os problemas do sector gandeiro e recolleu as demandas. Sinalaron como principal problema a destrución da superficie agraria útil, así como a falta de servizos públicos básicos que permitan asentar poboación no medio rural como a zona de Montederramo. 

Pola banda da cabeza de lista polo BNG, Noa Presas, comprometeuse a reverter a actual tendencia e a recuperar 100.000ha antes do ano 2025. “Temos que apostar por modelos de calidade e diversificación e no BNG temos un proxecto político definido e contrastado para o medio rural” sinalou Presas.  o selo de garantía de poder impulsar o potencial do Macizo Central e outras zonas do país que están caendo no abandono. “Seremos a chave para un cambio político o próximo 12X que impulse o medio rural” engadiu a candidata.