Bóveda alertaría hoxe do perigo das «falsas doutrinas»

Miguel Ascón Belver
miguel ascón OURENSE

OURENSE

Acto de homenaxe a Alexandre Bóveda en Ourense
Acto de homenaxe a Alexandre Bóveda en Ourense Santi M. Amil

O Concello de Ourense cumpriu coa homenaxe ao galeguista no aniversario do seu nacemento, cunha ofrenda floral na rúa da Barreira

05 jun 2020 . Actualizado a las 08:43 h.

O Concello de Ourense cumpriu este xoves coa homenaxe a Alexandre Bóveda no aniversario do seu nacemento. Fíxoo, como é costume, cunha ofrenda floral na rúa da Barreira, pero nesta ocasión, polas restricións aos desprazamentos, o acto quedou deslucido. Non puido asistir ningún representante da fundación que leva o nome do ourensán, pero a entidade remitiu un escrito ao que deu lectura o concelleiro de Cultura, Mario González. «Dende hai meses escoitamos discursos que se aproximan moito ao que Bóveda vía hai noventa anos. Discursos de odio, cheos de falsas doutrinas e valores de rectitude moral aos que non se debería volver», dicía o texto. Logo falou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, aínda que só durante 33 segundos, o tempo xusto para recordar o «importante legado cultural e humano» do homenaxeado. O voceiro do BNG, Luís Seara, seguiu o acto cunha camiseta da estreleira e nun segundo plano. Logo explicou que o fixo porque Jácome é un alcalde «antigalego».