Máis cen obras inscritas para o Fetega Celso Parada

O Festival de Teatro Galego do Carballiño afronta unha nova etapa coa dirección de Carlos Ledo


ourense / la voz

Coa edición 2019 rematou o Festival de Teatro Galego Celso Parada una etapa, a que se pechou coa celebración dos 30 anos de historia, e neste 2020 asumirá o reto da dirección Carlos Ledo para darlle continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos pola actriz Josi Lage.

Os organizadores do Fetega abriron hai meses unha convocatoria pública para que se inscribisen obras e espectáculos á edición deste ano e presentáronse «104 espectáculos, dos cales 19 son estreas. Todas as obras presentadas desenvólvense en galego e están producidas en Galicia. En total, son 43 os espectáculos de sala para adultos, 18 espectáculos de rúa, 17 espectáculos de sala para nenos, 14 performances e 7 monólogos cómicos», entre outras montaxes. Agora escollerase entre as achegas presentadas para elaborar a programación do festival deste ano.

É a primeira vez que se fai unha convocatoria pública convidando a participar no Fetega e dende a organización salientan o feito de que se presentaron propostas de todos os xéneros, do clown ao teatro documento ou a maxia.

O Fetega Celso Parada celebrarase na segunda semana de setembro e seis serán as categorías nas que se dividirá a programación: teatro de sala, teatro de exterior para público familiar, teatro de rúa para o mesmo colectivo, teatro de sala para nenos, monólogos cómicos e performances e pequenos formatos.

O Fetega foi un proxecto liderado no seu nacemento por Xan Pinal e tanto a anterior directora, Josi Lage, como Carlos Ledo formaban parte do grupo de voluntarios da primeira edición.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Máis cen obras inscritas para o Fetega Celso Parada