Editan unha guía para que as rapazas estuden ciencias

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Baixo o título Que quero ser de maior?, recolle un total de 37 titulacións e as súas principais saídas profesionais

23 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Parque Tecnolóxico de Galicia publica unha guía en galego para animar ás rapazas a estudar carreiras de ciencia e tecnoloxía. Baixo o título Que quero ser de maior?, recolle un total de 37 titulacións e as súas principais saídas profesionais.

O obxectivo deste proxecto, que este ano cumpre a súa terceira edición, é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen as especialidades denominadas CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Desde a Tecnópole consideran que este tipo de instalacións teñen que contribuír en gran medida ao aumento da presenza feminina nestas carreiras. Ao longo da guía tamén se amosan unha serie de curiosidades para os máis novos sobre descubrimentos científicos