A Deputación rendeu homenaxe aos seus xubilados

O acto celebrouse de forma restrinxida polas medidas contra o coronavirus


ourense / la voz

A Deputación aproveitou a festividade de Santa Rita para render homenaxe aos traballadores xubilados neste último ano. Un costume que desta volta tamén se viu afectado polas medidas de prevención contra o covid-19, optando neste 2020 por un acto restrinxido onde a representación institucional correu a cargo do presidente e o vicepresidente do organismo provincial, José Manuel Baltar e Plácido Álvarez Dobaño respectivamente.

Os dez traballadores que participaron no acto e recibiron o agasallo e recoñecemento da Deputación de Ourense foron Manuel Babarro Fernández; José Lorenzo Rodríguez Rodríguez, Ricardo Martínez Iglesias, María Pilar Reboredo Piñeiro, Jaime García León, Peregrina Garrido Fernández, Francisco Fernández Gallego, Jaime Leites Melón, Manuel Vilas Rodríguez e Manuel Traveso Santana. Traveso foi o que botou máis tempo vencellado á institución provincial, na que traballou 39 anos.

Baltar agradeceu os esforzos e os anos de dedicación á Deputación e sinalou que a do 2020 era unha celebración única na historia da institución polas circunstancias vencelladas á pandemia do coronavirus.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Deputación rendeu homenaxe aos seus xubilados