1975: Éxito do Teatro Circo de A Coruña e o seu «Macbeth» na Mostra de Ribadavia

Na terceira edición do certame participaba o grupo ourensán Histrión 70


Na capital do Ribeiro andaba a se desenvolver un proxecto que se ía converter, co paso das décadas, na referencia máis sobranceira da escena teatral de Galicia. Naquel 1975 estaba a se celebrar a terceira «Mostra de teatro en galego» e a crónica de La Voz de Galicia encetaba dun xeito que non deixaba marxe para a dúbida: «Xiquera pola representación que fixeron os do Teatro Circo da Cruña a noite do devandeiro domingo xa estaría xustificada ésta terceira edición da ‘Mostra de Teatro en galego’, de Ribadavia. Na anterga eirexa románica da Magdalena non cabía unha palla na función da noite. Tamén as oito houbo un cheo total na representación da agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadavia, que puxo en escea O tío miseria». A representación de Macbeth foi seguida «con relixiosa atención» polo público e «as palabras de Shakespeare, axeitadas a nosa lingua, tiñan unha rara vixencia que a mais de un se lle asemellou de trasposición. Estiveron os actores moi axustados e facendo vida das parolas». Logo da escenificación da obra houbo un coloquio, cos membros do grupo, no local de Abrente.

Tamén a proposta do luns - a montaxe Os anxos cómense crus, de Jorge Díaz, representada por Tespis da Coruña- contou «cunha enchenta de xente, aínda que menos que o domingo».

Presenza de Histrión 70

Para o día estaban previstas dúas obras. Un texto de Manuel María, o clásico

Barriga verde

, chegaba a Ribadavia da man do grupo de teatro do Colexio Bregoán, de Vigo. Para a noite estaba prevista a presenza dunha compañía que forma parte da historia do teatro galego da época. Os ourensáns de Histrión 70 ían estrear

Sos , do estrelecer

, espectáculo «de creación propia sobor de poemas de varios autores galegos».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

1975: Éxito do Teatro Circo de A Coruña e o seu «Macbeth» na Mostra de Ribadavia