Imos por fases


Isto non acaba de amañarse por máis representacións mediáticas que se fagan e correos do zar que se emitan. A única verdade que semella de verdade verdadeira é o escenario básico do comezo desta situación que derivou no estado de alarma ou de sitio: fica na casa e fuxe como da peste de todo bípede que se atope a tiro de miope. E todo o demais mellor xestionalo como lle conveña a cada quen, porque mandamentos fundamentais rematan convertidos en aspectos para non considerar -mira que non botou a xente á procura das luvas como se de prezado material de contrabando se tratase, para que agora veñan dicindo que iso e nada todo é un!- e pronunciamentos capitais derivan en muda e cambio de ideas co trasacordo: que si tales establecementos poden abrir -e logo resulta que non-, que si prorroga ata tal día -e non sei cantas semanas máis-, que si xa se poden visitar aos familiares nas residencias -e vai ser que unha semana despois-... e así ata que a imaxinación se canse.

Agora disque andamos na etapa que vai por fases, que tamén amosa que cada un fai o que pode para tirar polos seus intereses, coa conseguinte beizón dos que mandan en función dos obxectivos futuros correspondentes. É dicir, que podes facer en Euskadi, poñamos por caso, o que poderías facer nalgún outra comunidade pero que non che permiten.

E como sempre hai algo bo dentro do caos só queda mirar cara adiante coa satisfacción do que levamos aprendido dende hai xa máis de dous meses: cando agrome de novo o coronavirus estaremos mellor preparados. Daquela si.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Imos por fases