Chantado


Tivemos novas tantas veces daqueles universos distópicos e utópicos das realidades que coñecemos nas páxinas que se foron achegando a nós ao longo dos anos que nunca pensamos vernos en tal cousa. Todo se foi superando, e así caeron mitos que estaban vencellados ao paso do tempo, 1984 ou 2019 foron algúns, e das previsións máis adoecidas -non, o mundo non escachou co novo milenio como puidemos comprobar-.

E aquí rematamos, pechados na casa por mor dun parente de lonxe, é un dicir, daquel bechiño que era tan pouca cousa «que se cae da mesa morre» -Sancho Rof dixit- e resultou ser o asasino agochado no aceite de colza.

Moito deu par rir no entroido mais agora é el quen fai brincadeira con nós manténdonos baixo arresto domiciliario e poñendo diante unha realidade que sempre pensabamos que só camiñaba polos títulos das bibliotecas ou nas pantallas do cinema. Esta pandemia é unha desas realidades e outras maiores virán, como se fartan en dicirnos estes días os que alertan do pouco que estamos a facer contra o cambio climático.

Mentres cavilo nos próximos inimigos, e por onde virán, boto pestes contra o tempo -seguro que chove cando poda saír á rúa-, rillo as unllas da envexa que me dá o do estanco con coches á porta todo o día, conto as veces que pasa algún que topou no supermercado a súa táboa de salvación -calculo que leva un par de cousas de cada vez, así ten argumento para volver-, tento comprobar se o tópico das mascotas é certo e vexo como fuma arreo o chino do piso que vexo máis abaixo.

Canto se botan de menos as pequenas cousas perdidas!

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Chantado