1995: Presentados os tres primeiros volumes das obras completas de Vicente Risco

La Voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Galaxia lideraba un proxecto que incluía sete libros e dúas novelas inéditas

17 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Reeditar a obra de Risco «non é unha tarefa arqueolóxica, porque é un escritor aínda vivo, que pode dicir moitas cousas ás xeracións máis novas», sinalou o seu fillo Antón Risco na presentación dos tres primeiros volumes da obra do seu pai, editados por Galaxia co apoio da Consellería de Cultura. Manuel Fraga, que presidiu o acto e que lembrou a súa amizade co homenaxeado, afirmou que «Galicia estará en débeda perpetua con quen foi cabeza visible da primeira xeración que entendeu a identidade do pobo galego como punto de partida para un novo renacer».

Dúas novelas inéditas

O escritor Carlos Casares, director de Galaxia, fixo a presentación do proxecto: será un conxunto de seis volumes, dos que se presentaron tres, de máis de 700 páxinas cada un. Casares amosouse orgulloso e satisfeito por presentar a obra completa dunha das figuras máis importantes da historia da cultura galega e sinalou que un proxecto como este non se podería ter levado a cabo dende a iniciativa privada. Entre outros materiais as obras inclúen a publicación de dúas novelas inéditas.