Das irmáns Touza ao bar de Loureiro

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Por toda a provincia de Ourense se desenvolveron actividades para celebrar o 8M

09 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ourense saíu á rúa para celebrar o Día da Muller máis reivindicativo e participativo dos últimos anos, aínda que o tempo non axudase. Na cidade houbo unha proba deportiva para reafirmarse na liberdade para correr e citas da Marcha Mundial das Mulleres, CC. OO. e PSOE. Por toda a provincia se desenvolveron convocatorias. Na capital do Ribeiro tamén houbo tempo para reivindicar a unhas mulleres exemplares: na casa das irmáns Touza descubriuse unha nova placa -a existente estaba deteriorada- e houbo un percorrido teatralizado polos lugares vencellados ás homenaxeadas, ademais da concentración. No Carballiño celebrouse a andaina promovida polo Concello e a manifestación organizada polo colectivo de Mulleres pola Igualdade. En Loureiro, Nogueira de Ramuín, deron continuidade á singular proposta creada no 2019 -onde as mulleres simbolizaron as súas reivindicacións indo en manifestación ata o único bar do pobo- e en Castro Caldelas un mural coa imaxe de 37 traballadoras foi o fío condutor para lembrar a data. En Celanova, Laza e outros concellos tamén houbo actividades.